ELECCIÓN DA TEMÁTICA
O primeiro reto que se me motrou nesta actividade foi a elección da temática.
Quería que fose un tema interesante, pero que á vez fose completo. Ademais, tiña unha preferencia: que fose interdisciplinar.
Entón púxenme a pensar ¿Qué tema transversal podo tratar, que sexa interesante e compelto?. Comecei a navegar pola internet, buscando en diferentes lugares. Non me daba de conta de que había un punto transversal ao que lle podía sacar moito partido, e que podería ser moi pero que moi educativo. Seguín cavilando un rato longo. Pregunteille a meus pais, ás miñas amigas... Propuxéronme cousas, pero ningunha me convencía. Ata que por fin o atopei.
É perfecto, útil, necesario e fácil de tratar na aula. Ten cantidade de recursos, e teño outras tantas ideas para poder facer sesións interesantes e educativas. Ademais, é un tema transversal no currículo.
Decanteime por: ¡¡¡IGUALDADE DE XÉNERO!!!
FONTE: EL PAÍS
Comentarios
Publicar un comentario