COMO VAI A FUNCIONAR A GUÍA DIDÁCTICA
Todas e todos sabemos que facer unha guía didáctica non é algo sinxelo. Por iso vou ir pasiño a pasiño para poder ter todo a punto.
O primeiro paso é saber do que vai tratar, é dicir, a temática, que xa a sabemos. A segunda é cantas sesións temos que facer para poder desenvolvela.
Hei de dicir que ao principio dixen: "fago 3 sesións, que serán suficientes". Pero posto iba pensando en todas as cousas que quería e necesitaba traballar... Saíronme algunhas máis.
Finalmente acabei con 7 sesións, e case se me quedan curtas. En cada sesión haberá diefrentes actividades que iran facendo as alumnas e alumnos na clase. O traballo na casa será mínimo, e nunca será laborioso. As tarefas que levarán para casa serán máis de reflexión que doutra cousa.
Que por tanto aberto o apartado de GUÍA DIDÁCTICA!

Comentarios
Publicar un comentario